TURISMO DE PADRÓN

GUÍAS TURÍSTICAS PADRÓN:

GUÍA TURÍSTICA EN CASTELLANO

GUÍA TURÍSTICA EN GALEGO

GUÍA TURÍSTICA EN INGLÉS

GUÍA TURÍSTICA EN FRANCÉS

 

PLANOS GUÍA:

PLANO GUÍA DE PADRÓN EN CASTELLANO

PLANO GUÍA DE PADRÓN EN GALEGO

PLANO GUÍA DE PADRÓN EN INGLÉS

PLANO GUÍA DE PADRÓN EN FRANCÉS

 

GUÍAS TURÍSTICAS PADRÓN EN MP3:

GUÍA TURÍSTICA EN CASTELÁN

GUÍA TURÍSTICA EN INGLÉS

GUÍA TURÍSTICA EN FRANCÉS

 

PEDRONIA:

CARTA DE PEDRONIA

BASES OBTENCIÓN DA PEDRONIA

MODELO DE PEDRONIA

 

RECURSOS TURÍSTICOS PADRÓN:

CARTEIS TURÍSITICOS DE PADRÓN

GUÍA DA HOSTELERÍA DE PADRÓN

 

 

Información sobre a audioguía

Audioguía de Padrón

O Concello de Padrón pon á túa disposición unha audioguía por Padrón. Durante o percorrido da ruta disporás dun reprodutor MP3 que che facilitará o descubrimento dun pobo que probablemente éche descoñecido, pero que estamos seguros de que che vai a fascinar…

A ruta está pensada para facerse a pé. Ten unha lonxitude de aproximadamente 3 km, e a súa duración estimada é de 2 horas e media. A maior parte do percorrido discorre polo centro urbano e a súa dificultade é baixa. Só nun tramo, na subida a Santiaguiño do Monte, a ruta adquire unha dificultade media. Si che resultase difícil subir pendentes ou escaleiras non te apures. Antes de iniciar este tramo indicaráseche un camiño alternativo para chegar en coche.

O percorrido comeza na Oficina de Turismo e finaliza nese mesmo punto. Para seguilo, só tes que prestar atención ás indicacións que se che irán dando na audioguía. Recorda que está dividida en pistas, e en calquera momento podes parar, volver escoitar unha pista, avanzar ou retroceder.

Tamén dispós dun plano do percorrido que che proporcionarán no Punto de Información, pero que tamén podes descargar nos seguintes enlaces para visualizalo con anterioridade.

E para rematar, unha cousa máis: unha vez que finalices a ruta debes devolver o reprodutor na Oficina de Turismo.

Percorrido

A audioguía permitirache realizar un percorrido por unha vila que viu nacer algunha das grandes obras das nosas letras; que prestou o seu nome a manxares da nosa gastronomía, ou que co paso dos séculos segue destacando como núcleo comercial. Pero sobre todo, mostrarache un dos lugares que máis transcendencia tivo no devir histórico de Galicia. Quixo a lenda que fose aquí, a Padrón, onde arribase a barca do Apóstolo Santiago tras unha longa viaxe desde Palestina. E quixo a Historia que fose aquí, en Padrón, onde se iniciase un dos feitos relixiosos, culturais, sociais e económicos que máis marcaron a historia de Galicia: o Xacobeo, as peregrinacións a Compostela. Estas terras foron unha testemuña privilexiada da historia. As súas rúas, os seus xardíns, os seus monumentos e edificios gardaron durante séculos os segredos e lendas que queremos que coñezas a través da audioguía. Invitámosche a descubrir Padrón. Sé benvido.

 

Condicións

Podes solicitar o reprodutor MP3 e o folleto co mapa na Oficina de Turismo, a cambio dunha fianza de 20 €. Ademais da fianza deberás mostrar o teu DNI/Pasaporte para tomar os teus datos e asinar unha declaración que se che entregará na Oficina de Turismo, comprometéndote a devolver o reprodutor en perfectas condicións.

Desde que se che entregue, poderás dispoñer do reprodutor durante un máximo de 4 horas, pero para recuperar a fianza tes que devolvelo media hora antes de que peche a Oficina de Turismo. Recorda que a oficina pecha ata o día seguinte ás 19:00 de luns a sábado e ás 13:30 os domingos, tamén está pechada de 13:30 a 16:00 de luns a sábado.

En calquera caso, non dubides en achegarche pola Oficina de Turismo, onde che poderán resolver calquera dúbida que che xurda sobre estas condicións.

 

 

Oficina de Turismo

Dirección: Lugar das Lágrimas - Fondo de Vila

Teléfono: 646 593 319

Correo electrónico: turismo@concellodepadron.es

Horario:

-De martes a sábado: 10:00 - 14:00 h. y de 16:15 - 19:00

-Festivos: 10:00 - 13:30 h.