BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL

PRESENTACIÓN

A Biblioteca Pública Municipal de Padrón é un servizo municipal adscrito á Concellaría de Cultura do Exmo. Concello de Padrón. Está rexistrada na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

O seu obxectivo primordial é facilitar o acceso á información nos seus diferentes soportes, cubrindo os campos de formación, lecer, cultura e información dos usuarios.

ACCESO

Situación Fondo de Vila, 1

Teléfono: 981 810 761

E-mail: bibliotecapadron@gmail.com

www.rbgalicia.org é o portal da rede de Bibliotecas de Galicia desde o cal se pode acceder ao catálogo da Biblioteca Municipal de Padrón.

 

HORARIO

Luns a Venres: de 10 a 14:00 e de 16:30 a 20 h.

Quenda de noite de 20 a 23 h só para o servizo de estudo en sala, en época de exames.

Sábados: de 10 a 13:30 h.

FONDOS E SECCIÓNS

A Biblioteca dispón dunha ampla colección de documentos: libros, materiais audiovisuais, materiais sonoros, revistas e prensa. Estes fondos son de libre acceso e están situados dentro das distintas seccións en que se divide a biblioteca.

Nestes momentos temos rexistrados e informatizados 22.100 fondos.

Na planta baixa, xunto ao mostrador de atención ao público, atópase a sala infantil e xuvenil, a sección de referencia e a hemeroteca.

SECCIÓN INFANTIL

Literatura destinada aos nenos de até 14-15 anos, colocada por coleccións nas que por cores se indica a que idade está destinada. Unha parte destes fondos infantís está organizada atendendo á súa temática, podemos atopar libros de humor, música, traballos manuais, medio ambiente, ...

Esta sección conta tamén cun apartado de referencia (dicionarios, enciclopedias, e libros educativos) adecuado a estes usuarios e cuxos documentos serven de apoio á educación escolar.

Outros materiais que conforman a sección infantil son os quebracabezas, crebacabezas e outros xogos educativos..

Contamos cunha pequena bebeteca con libros en diferentes formas e soportes. Apenas teñen texto e neles predominan as cores, ilustracións e formas coa intención de estimular aos máis pequenos tamén hai DVDs para desenvolver o seu potencial creativo.

SECCIÓN XUVENIL

Os fondos están colocados por coleccións entre as que podemos destacar:

- Puntos de Encontro.

- Extramuros.

- Clásico Xuvenil Planeta.

- Gran Angular.

- Nova Auriga.

- Xabarín.

- Vía Láctea.

- Austral Xuvenil.

- Xuvenil Algaguara.

- O Barco de Vapor.

- Á delta.

REFERENCIA E CONSULTA

Neste apartado atópanse os dicionarios, enciclopedias, anuarios, atlas e outros documentos de información xeral. Este tipo de material non se presta só pode ser consultado en sala.

HEMEROTECA

Prensa rexional, local e revistas de diversas temáticas (contamos con 85 títulos).

 

 

SECCIÓN DE ADULTOS

Na segunda planta atópase a sección de adultos. Divídese en dous departamentos uno para os libros escritos en lingua galega e outra para os escritos en castelán.

A organización dos fondos destes departamentos faise seguindo a Clasificación Decimal Universal que agrupa os libros segundo a materia que traten, asignándolle un código numérico.

0 Xeneralidades

1 Filosofía

2 Relixión

3 Ciencias Sociais

4 Baleiro

5 Ciencias Exactas e Naturais

6 Ciencias Aplicadas

7 Ate, Deportes

8 Lingüística, Literatura

9 Xeografía, Historia

SERVIZOS

LECTURA E CONSULTA EN SALA

Todos os materiais albergados na biblioteca poden ser consultados libremente nas súas salas.

PRÉSTAMO

- Pódense tomar en préstamo libros, DVDs e algunhas revistas. As obras de referencia non.

- Para acceder ao servizo de préstamo é necesario dispor do carné de lector. Este é gratuíto e conséguese na mesma biblioteca. Pódense levar en concepto de préstamo tres libros por un prazo de 15 días.

- En caso de necesitar máis tempo pódese renovar outros 15 días máis.

- En beneficio de todos os usuarios as devolucións de documentos deben realizarse dentro dos prazos fixados.

¿COMO SE OBTÉN O CARNÉ DA BIBLIOTECA?

Para obtelo hanse de entregar dúas fotografías recentes tamaño carné e presentar o DNI. Os socios menores de 14 anos presentarán o dun dos pais.

 

ACCESO A INTERNET

A biblioteca conta con tres ordenadores desde os cales os usuarios poden acceder a Internet en quendas de 30 minutos. Tamén poden realizar traballos utilizando o programa Openoffice.org 3.0. Os resultados das súas consultas ou traballos poderanos imprimir nun máximo de 6 folios. A este servizo de internet os usuarios poden acceder cos seus computadores portátiles desde calquera punto da biblioteca a través da tecnoloxía WI-FI.

 

ACTIVIDADES DE FOMENTO Á LECTURA E O USO DA BIBLIOTECA

- Exposicións bibliográficas en honra a determinados autores.

- Celebración do Día do Libro, das Letras Galegas?

- Actividades para nenos (láminas para colorear, concursos de contos e debuxos).

- Contacontos.

- Talleres de traballos manuais en determinadas épocas do ano (Nadal, Entroido, etc).

NORMAS E PAUTAS DE FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA

- A Biblioteca Pública Municipal é exclusivamente un lugar de estudo e consulta.

- Débense obedecer as recomendacións do persoal encargado do Servizo da Biblioteca.

- Débese gardar silencio absoluto. Queda prohibido perturbar o estudo ou consulta dos usuarios.

- Os menores de 8 anos deberán acompañarse por un adulto.

- Débense respectar os libros e material da biblioteca, en caso de non facelo poderanse esixir responsabilidades a quen houbese lugar para resarcir os danos producidos.

- Queda prohibido o emprego de móbiles no interior do local, debendo estes estar apagados ou co silenciador activado.

- Non se permitirán charlas entre usuarios que poidan molestar ao resto dos usuarios do servizo.

- Non se poden realizar outras actividades que non sexan as de estudo e consulta.

- Queda terminantemente prohibido consumir bebidas, ou comer nas dependencias.

- Todas aquelas persoas que non respecten as regras, ou as recomendacións dos encargados do Servizo, serán expulsados do local e non se lles permitirá a entrada á instalación mentres persistan na súa actitude de non respectar as normas.

- En caso de non respectar as instalacións, as normas ou recomendacións do persoal encargado do Servizo, porase en coñecemento da Policía Local que pode proceder ao desaloxo das persoas que teñan unha actitude ou comportamento inadecuado e tomaranse medidas adecuadas respecto diso.