Proxecto para sanear unha parte de Carcacía

03.05.2010  O pleno ordinario do Concello de Padrón, celebrado a última hora da tarde do xoves, centrouse en gran medida no debate das mocións presentadas polo tres grupos da oposición. Entre elas, foi aprobada unha do BNG referida ao saneamento na parroquia de Carcacía e que saíu adiante a pesar de que non obtivo o apoio do goberno municipal. PSOE e CIPa consideran que a moción do BNG está fóra de lugar unha vez que xa o goberno padronés ten presentado no organismo Augas de Galicia un proxecto de saneamento para unha parte de Carcacía, por importe de máis de 520.000 euros.

 

 

 O Concello está á espera de saber se devandito ente público aproba ou non a vertedura da depuradora que está previsto instalar no lugar de Xoane. A este respecto, o pleno desvelou que devandito proxecto ten unha alegación asinada pola asociación de veciños da parroquia padronesa e que se centra, precisamente, na localización da depuradora. O alcalde Camilo Forján sinalou que esta reclamación pode paralizar todo o proxecto e lamentouno porque, segundo asegurou, o goberno padronés falou antes cos representantes da asociación sobre as características da obra.

Ao BNG non lle convenceron as explicacións do goberno municipal ao que acusou de «facer algo mal» xa que, pola contra, non habería tal alegación presentada, segundo afirmou o edil Xoán Santaló. Por iso reclamou «consenso» para executar un proxecto tan importante para Carcacía, onde non existe nin un metro lineal de rede de sumidoiros, un acordo co veciños pero tamén cos grupos da oposición unha vez que o proxecto deberá ser aprobado en pleno.

A única moción desestimada foi una do PP referida ás obras do núcleo de Pedreda.