Excelentes resultados galegos na Regata Slalom en Padrón

26.05.2010 Henrique Portela, vicepresidente da Federación Galega de Piragüismo viu cumprido o seu desexo de que os padeeiros galegos lograsen en Padrón os mellores resultados dunha competición de Copa de España. Os deportistas deixaron o pavillón ben alto ao conseguir seis medallas na 4ª Regata Copa de España de Slalom celebrada en augas do río Ulla ao seu paso por Padrón.

 

 

Con todo na clasificación xeral por clubs os cataláns do Cadi foron quen levaron o Trofeo Concello de Padón Slalom Olímpico ao sumar un total de 312 puntos; segundo foi o Santiagotarrak de Irún e terceiro o Atlético San Sebastián. O Tea de Mondariz Balneario, Deportivo Miño Vos Teixugos e o Piragüismo Val Miñor Frioya representaron aos clubs galegos dentro do dez mellores.